Primeiro día de clase
Hoxe foi o primeiro día de escola despois das vacacións de Nadal, tivemos que madrugar despois de estar tantos días sen facelo, e iso custa. Pola mañá clase de Matemáticas, Galego, Relixión e Inglés. E pola tarde dúas sesións de Coñecemento do Medio. E ao remate adestramento de baloncesto. Fixemos o de sempre, aínda que hoxe tivemos un xogo novo que se chama a cadea de osos que consiste en:
- Faise unha fila e contase cantos son.
- Despois se por exemplo son 14 vamos contando e a quen lle toque o un queda con ese numero.
- Vamos dicindo un número e pasándonos a pelota ata que haxa dez balóns.
Gústame o baloncesto porque e un traballo en equipo, ademais dáseme bastante ben. Miña nai que para levar tan pouco tempo xogo moi ben.
Comentarios
Dani Gestoso
Pasei moito tempo en Boiro, na zona de Barraña, hai xa uns anos, así que ó saber que había unha boirense tan nova facendo un blog quixen pasar a saudar e a desexar sorte.
Eu tamén comecei hai pouco cun blog para a miña filla. Como ela ten só catro meses de momento teño que escribirllo eu. Está aquí: http://elblogdeflavia.blogspot.com
Ánimo con este blog.
Saúdos desde Ames
Te mando desde Cacheiras muchos besitos!!hasta la vista!!