Unha clase máis ( A clase de pandeireta )

Hoxe que é Venres tiven pandeireta. Saquei unhas fotos e quéroas poñer aquí; na primeira foto sae o primeiro grupo, nel están as pequenas e as que empezaron fai pouco. E na outra foto saímos as do segundo grupo ( Carmen, Sara, Iria, Claudia e eu) pero na primeira non esta a profesora, que se chama Adriana.

Adriana toca moi ben a pandeireta, para iso e profesora, ¡non e así! Pero quero darlle as grazas ao Centro Social de Boiro, por ter un espacio para nós.

Porque si non nos deixaran, non saberiamos tocar a pandeireta, e tamén a Adriana por aguantarnos a todas, porque ela ten 4 grupos nun só día.

Un saúdo a todos.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Pobre Adriana... qué faríamos nós sen ela?? ^.^

Entradas populares