De tal pau tal acha

Hoxe saín no periódico co meu pai e dí esto:

" Con diario propio en Internet "

Cando tiña só 8 anos, Paula sumouse a unha das grandes afeccións do seu pai, compartir as súas vivencias cos internautas a través dun blog


Sentía dende facía tempo unha atracción especial polas novas tecnoloxías e, máis concretamente, por Internet. Foi por iso que, cando a palabra blog empezou a soar, o boirense Blas García non o pensou dúas veces, púxose mans á obra para confeccionar un espazo propio na Rede a través do que escribir un diario persoal moi singular, xa que no canto de ser un caderno pechado con chave, a este ten acceso todo o mundo que o desexe.
Aínda que quere deixar claro que no seu blog (www.blasgarcia.com) colga de todo un pouco, dende cancións ata vídeos e comentario deportivos, Blas García confesa que se trata dun espazo fundamentalmente político. Como el mesmo recoñece, «unha persoa que se dedica a isto ten que estar operativa as 24 horas do día».
De feito, é no período previo ás eleccións cando o boirense lle dedica máis tempo á súa bitácora: «Tento escribir algo de forma periódica, pero cando estamos en campaña conto o día a día da miña actividade laboral, tentando sempre darlle relevancia ás anécdotas».
O feito de elixir a Rede para escribir o seu diario, fai tamén que Blas García se expoña ás críticas dun xeito aberto: «Leo un montón delas no meu blog, pero non me preocupa, todo o contrario, aquelas que son construtivas e están redactadas dende o respecto e a educación incluso as agradezo».
Aínda que fai só dous anos que se decidiu a compartir as súas vivencias co resto dos internautas, Blas García pode presumir de ser o político galego que posúe o blog máis visitado. Segundo o ránking do sector, ocupa incluso un posto privilexiado a nivel estatal, o número 37.
O labor que realiza dentro do PSOE marca os contidos do seu blog, pero o boirense recoñece que son outros temas os que máis chaman a atención dos internautas. De feito, o seu comentario máis lido foi o relacionado cun erro que Gayoso cometeu no Luar , cando anunciou a morte do Fari, falecemento que naqueles intres non tivera lugar. Foron tres mil as persoas que accederon á bitácora de Blas García para ver o vídeo da metedura de pata do presentador e, como non, ler a valoración de rigor.
Paixón herdada
Pero do que máis orgulloso está este boirense é de que a súa filla Paula se quedara tamén enganchada da Rede cando tiña só oito anos. Despois de ver ao seu pai tecleando animadamente día tras día, ela decidiu que tamén quería que o seu diario se fixera público: «Díxome que quería ter un blog e aproveitei o Nadal para confeccionarllo».
En xaneiro fará dous anos que Paula García utiliza a Rede (www.pauladeboiro.blogspot.com) para contar dende as anécdotas do cole ata a ledicia que sentiu coa chegada de novos membros á súa familia. Incluso lle dedicou algún que outro comentario a un caso de transcendencia internacional, a desaparición de Madeleine.
Aínda que, como lle ocorre a calquera pai, a faciana de Blas García cambia ao falar de como a súa filla herdou a paixón polas novas tecnoloxías, sinala que ten recordos inesquecibles do éxito que Paula tivo co seu blog: «Foi entrevistada por medios de comunicación de Galicia e incluso de tirada nacional por ser a nena máis nova en ter unha bitácora».

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Paula, estou moi orgulloso de ti.

Un bico
TACHUS ha dicho que…
Muy bien Paula,sigue asi noticias como estas son las que animam a una seguir en su empeño.
BESOOOOOOS Pa todos y no dejes de escribir nunca
Anónimo ha dicho que…
Paula son Lidya a de Netos de Arzúa por que Separamonos para seguir os nosos propios camiños.

Era para agradecerche que seguiras Aos Netos

Moitos Bicos.

Lidya

Entradas populares