Entrevista en Certo

Boas noites, o outro día fixéronme unha entrevista por correo electrónico.

Paula García, a rapaza blogueira máis famosa do Barbanza

"Teño moita pachorra"


Non a coñecemos en persoa. Enviámoslle un cuestionario nada curto e foi rapidísima en respostar. As fotos son do seu blog e das que colga en Flickr. Paula García ten nove anos, pero xa leva andado como blogueira máis do que outros quixeran. Para saber máis dela, só hai que ler a súa bitácora, pero nós plantexámoslle estas cuestións.

a) para ti o blog é un xogo? ou tómalo como algo máis serio?
È serio, porque aínda que me divirte conto as miñas cousas.

b) tes xa amigos ou amigas do cole que queren facer o mesmo ca ti ou que xa o están facendo?
Teño un amigo que lle gustaría pero non o pode facer. Pero algúns nenos da academia de informática si o fixeron.

c) cres que nun blog se pode falar de todo ou pensas que hai temas que non se deberían tocar?
Depende do que pense a persoa e o seu gusto. Pero eu creo que todo o mundo pode escribir do que queira.

d) cando consideras que debes escribir no blog? cando che apetece, cando tes algo que contar ou escribes ás veces para mante-lo vivo?
Cando me apetece. Aínda que ás veces meu pai dime que escribo pouco.

e) axúdache algo na túa vida persoal o blog? ordénache os pensamentos, fai que te decates mellor do que pasa, sírveche como desafogo ao xeito dos antigos diarios persoais manuscritos? ou é un simple pasatempo?
Na miña vida persoal non, pero si fai que me decate mellor do que pasa e sérveme para coñecer a outra xente.

f) ao ser unha nena: notas que algún dos lectores do teu blog che tratan como tal? ou sintes que te teñen máis respecto que na vida túa diaria na rúa?
Hai de todo un pouco. Non por ser unha nena me teñen máis ou menos respecto, eso depende das persoas.

g) ti combinas o blog con fotos en Flickr, con vídeos de You Tube que pos sen complexos... daste conta de que moitísima xente non sabe empregar todo iso nin poderá nunca acceder a el porque nunca terá ordenador ou, o que é máis triste, porque nunca quererá aprender? Que lles dirías aos que lle teñen medo á informática e todo o novo aínda que nunca nos lean?
Que non pasa nada, que teñen que probar para saber se lles gusta. As novas tecnoloxías son o presente e van a ser o futuro.

h) din que o dos blogs é unha moda pasaxeira... e que a blogosfeira se está a desinflar, ti como o ves?
Que diso nada, que a xente gústalle o internet é interésalle o mundo dos blogs.

i) escribes algo aparte do blog? contos, novela, poesía? tes pensado xa que vas facer no futuro ou aínda é cedo para iso e estás disfrutando da túa nenez?
Non o único que escribo son os deberes. E sigo disfrutando da nenez.

j) tes móbil? escribes sms con tq e bsos ou as palabras enteiras?
Non teño móbil porque meus pais din que aínda son nova.

l) non lerás o blog de teu pai e non?
Si que o leo. E hai cousas que me gustan e outras non.

ll) faslle caso aos comentarios que che deixan no blog? ou non che afectan?
Fágolle caso a case todos, menos aos malos.

m) internet róubache horas de televisión ou de xogar ou de ler?
Non me rouba tempo.

n) vemos que tes enlaces a outros blogs de nenos, pero moitos apenas actualizan... que ti sigas aí significa que eres constante ou é por amor propio?
Por que me gusta e quero seguir contando cousas.

ñ) saír con Amelia, a blogueira máis vella galega, nun xornal ou nas noticias, que che produce?
Prodúceme moita alegría.

o) webs que máis frecuentas
www.elblogdeflavia.blogspot.com, www.ivanpuentes.com, ...

Tamén vexo páxinas de xogos e infantiles.

p) ídolos da televisión
Gústanme moitas series de televisión. Hospital central, Escenas de Matrimonio, Aida e os debuxos e series infantiles

q) ídolos da música
Paulina Rubio, RBD, la quinta estación e Soraya.

r) conto preferido de sempre -valen varios-
Riciños de ouro.

s) rasgo que máis che caracteriza (segundo ti ou segundo quen che coñece ben)
Miña nai sempre me di que teño moita pachorra. Tómome as cousas con bastante tranquilidade.

t) o que desexarías para o mundo en xeral
Que a xente morrera por natureza, non por que a maten.

u) deportes preferidos
Gústame moito patinar (vou a clases), tamén xogo ao baloncesto, ao voleibol, ao tenis de mesa, bádminton e o fútbol.

w) que pensas do que pasou co vídeo de Boiro, o da paliza ao rapaz?
Eu creo que o culpable non e solo o que lle pegou, senón o que gravaba e os que animaban.

y) cres que aos rapaces se vos escoita suficiente no mundo adulto?
Eu creo que nos escoitan bastante.

z) con permiso de teu pai, empregaremos a Z de Zapatero para unha pregunta sobre nós: que che pareceu Certo cando o vistes
Pois nunca o vira. Pero agora que entrei na web ten boa pinta.

Esta entrevista fíxoma Certo o xornal gratuito do Barbanza.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
ole ,ole ,ole esa es mi niña te queremos ,elisa
Anónimo ha dicho que…
Xa te estás a facer co recoñecemento do blogmillo en apenas meses. Sigue así

Asinado: Boedense
Unknown ha dicho que…
Boas noticias de Amelia, Paula:

http://periodismociudadano.com/

Noraboa, aínda que no blogomillo de que fala boedense ten uns cantos inimigos...

Entradas populares