Quen e o meu pai

O meu pai o deu blog explica quen é, e esto é o que pon.
Como o nome do blog indica, chámome Blas García. Tiven a sorte de nacer -no ano 1969- nun bonito concello da Ría de Arousa chamado Boiro, máis concretamente na parroquia de Cespón. Co esforzo dos meus pais -en especial- e o meu propio estudiei na Universidade Compostelá a carreira de Filoloxía Hispánica, aínda que debo dicir que o primeiro ano cometín o erro de matricularme en Dereito, e foi un fracaso espectacular; abandonei ao ano seguinte.

A maior parte da miña vida está vinculada á política, ¡a miña gran paixón!. Desde mozo afilieime ao PSOE e ás Xuventudes Socialistas, e dende aí empecei a traballar e a loitar por defender unhas ideas nas que creo por riba de todo.

Estou casado con Eva -canto me atura- e xuntos tivemos dúas nenas: Paula, que ten nove anos, e Nerea, que vai cumprir cinco. E delas non podo dicirvos outra cousa que non sexa que son o mellor que me pasou nesta vida.

Profesionalmente traballo na sede nacional do PSdeG-PSOE -a rúa do Pino- dentro da Secretaría de Organización e Acción Electoral. Ademais son Secretario Comarcal do Barbanza e fun concelleiro en Boiro.

Creo que con esta chega, e o queira saber algo máis que me pregunte.

Un saúdo.
¿Gustavos o que di meu pai?

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Aver si escribes algún artículo en castellano¡¡¡ que llevo poquito viviendo aqui n Galicia y aun no se muy bien gallego¡¡
besos
Unknown ha dicho que…
Hola Paula, son de Boiro coma ti, e gústame moito o teu blog. Entro casi todos os días para mirar o que escribes, aínda que hai veces que tardas bastannte en poñer algo.

Espero que non te desanimes e que escribas máis amiudo.

Un bico desde Cespón.

Por certo, tamén coñezo a teu pai
Anónimo ha dicho que…
Paula: escribe no que che pete, pero escribe. É unha fermosa maneira de relacionarse co mundo, de explicarse a un mesmo, de ordenar o que pasa arredor dun. E escribe cando podas, claro, pois non tódolos días ten un que contar, nin sabe cómo facelo. Ás veces, o que máis nos fai disfrutar, non o damos contado. Porque somos felices, e entón non apetece contalo. Parecedes unha familia feliz: que así sexa por moitos anos. Noraboa polo blog.

Entradas populares